Lingualoxía

      unha materia pendente


 

 Todo sobre o noso documental: "Lingualoxía" » O galego na historia

 8 Comments- Add comment | Back to Home Written on 19-Sep-2008 by palomita
 

 

            O galego é a lingua propia de Galicia, iso é algo que todos sabemos xa, sendo oficial dende 1981 xunto co castelán, vivindo así un proceso de normalización no que se está a recuperar un espazo social esquecido.

 

A nosa lingua, cunhas ramas comúns co portugués, fai que os galegos e galegas esteamos especialmente unidos ós países lusófonos, en concreto con Portugal con quen compartimos importantes lazos culturais, sobretodo co seu norte.

 

A lingua galega fálase nun territorio onde viven 2.800.000 persoas, é o idioma principal do 65% da poboación e máis do 95% enténdeo; é románica e formada depois da disolución do latín.

 

A lingua e a cultura, indisociables tantas veces, tiveron a súa idade de ouro na Idade Media, florecendo coa lírica medieval galego-portuguesa grazas a autores coma Meendinho, Martín Códax ou o propio Alfonso X O Sabio. Dende o século XVI ata mediados do XIX, Galicia viviu os chamados Séculos Escuros, nos que tanto a lingua como a cultura víronse sustituídas polo castelán na administración e nas clases altas, manténdose unicamente nas clases populares.

 

Coa chegada do Romanticismo a toda Europa, a cultura galega vivíu o seu “Rexurdimento” na metade do século XIX con figuras do calibre de Eduardo Pondal, Curros Enríquez ou Rosalía de Castro a nosa mellor e máis internacional poeta.

 

Xa no século XX, a cultura galega vivíu uns anos de intento de normalización, grazas ós comezos dos movementos galeguistas os cales se truncaron polo golpe de estado de 1936 que sumiron a Galicia e á súa cultura baixo terra durante corenta anos de franquismo.

Nos últimos tempos da dictadura e a comezos da democracia, entrou nun segundo proceso de recuperación do tempo perdido, un despestar da nosa cultura en tódolos ámbitos.

 

A partires desas épocas o galego adentrouse sen facer moito ruido aparecendo así o chamado “galeguismo”, movemento cultural e político no que a lingua galega é un dos elementos principais reivindicativos.

Houbo dúas etapas diferenciadas: a dos Precursores e os da etapa do Rexurdimento.

Os primeiros caracterízase polas primeiras manifestacións, aínda tímidas do diferencialismo político de Galicia, da súa singularidade.

Facían reunións, tertulias e manifestacións con aportacacións de carácter político.

A etapa do Rexurdimento dará lugar ó “rexionalismo” de carácter máis moderado cos fusilamentos de Carral e tendo como principal reivindicación a cultura.

Moitos dos autores desta época tiñan medios precarios para escribir e por este motivo botaban man do modelo gráfico que coñecían, o castelán.

A reivindicación da dignidade da lingua vai a estar no sucesivo vinculada ó galeguismo e ó nacionalismo e foron as Irmandades da Fala as encargadas de facelo. As Irmandades recuperan e modernizan a tradición cultural galega e tentan superar o complexo de inferioridade dos falantes, para o que proxectan unha serie de actividades que procuran abarcar os diferentes campos de actuación social: o teatro, como medio para expalla-la ideoloxía nacionalista e o uso do Galego.

Esta xeración propúxose, e abofé que o conseguiu, potenciar e modernizar a cultura galega, procurando tirarlle o exceso de localismo, ruralismo e costumismo que ata entón a caracterizaba.

No Estatuto de Autonomía de 1936 recoñecíanselle ó galego o rango de cooficialidade, coa consecuente obligatoridade do ensino en dito idioma na escola e a introducción nos Institutos das asignaturas de Historia, Lingua e Literatura Galega, así como a obrigatoriedade para os funcionarios de coñeceren o galego. Mais o comezo da Guerra Civil en 1936 significou na práctica a súa non aplicación.

 

Pasadas esas datas, os estudantes universitarios e as persoas de cultura solidarizábanse coa causa e reivindicaban unha mellor vida para o noso idioma. Xoves que falaban castelán voltaban da universidade co galego entre os seus dentes.

Pouco a pouco, a lingua ía marcando unha indentidade propia: persoas que se sentían galegos, manifestando o seu gusto pola nosa cultura, a nosa música, a nosa gastronomía, conseguían que cada vez Galicia se fixese un pouco máis forte.

Non todo era un rexurdir fabuloso senón que máis ben foi bastante custoso facerse valer entre os que todavía pensaban que o castelán era un idioma superior e dunha categoría máis alta.

Ademais, a pesares de exitir leis que fixaban o uso do galego en diferentes ámbitos, a experiencia dos anos transcorridos está poñendo de manifesto a inoperancia de boa parte destas medidas, pois á insuficiencia ou inadecuación das mesmas únese a falta de vontade para esixir o seu cumprimento: centros de ensino que non cumpren coas materias que se deben impartir en galego, toponimia que non se respecta, etc..

 

O galego aínda segue a situarse por zonas: no ámbito rural fálase máis galego que no urbano pero por motivos tamén do éxodo rural, o noso idioma estase a facer, cada vez máis, con terreo importante nas cidades.

Aínda así, o galego cobrou importancia na administración e na educación o que lle aportou un maior recoñecemento social.

Ademais, e querendo diferenciarse dos que non pensaban así, os progaleguistas crearon toda unha campaña de publicidade para a nosa lingua. Apareceron slogans, camisetas con debuxos típicos da nosa cultura e incluso a creación de empresas adicadas a facerlle honor a Galicia e a súa cultura. Un exemplo disto e O Rei Zentolo.

 

A nivel internacional o galego está presente no programa educativo Sócrates da Unión Europea, mediante o cal facilítaselle o estudo do galego a estudiantes estranxeiros. Para prestixiar o idioma na comunidade española e internacional, e para interesar ós ámbitos universitarios na lingua e cultura galegas, creáronse lectorados e cátedras de galego, que o potencien e difundan, en centros universitarios dos catro continentes.

 

Hoxe en día estase a facer un grande esforzo para que o galego esté presente en tódolos medios de comunicación de masas, podendo disfrutar xa de canles de televisión e radio con programación totalmente en galego, periódicos e revistas escritos íntegramente en galego, etc.

A producción musical en galego está a ter unha inusitada proxección internacional, e estase a comezar a creación de largometraxes. Na literatura edítanse máis de 1000 títulos anualmente, alcanzando algúns a categoría de Best-Sellers como pode ser o caso de Suso de Toro. Largometraxes estranxeiros de moda traducidos, series televisivas alleas e autóctonas, publicidade, Internet, etc..

 

Para concluir este breve repaso da historia da nosa lingua, debemos dicir que os idiomas son fontes de riqueza cultural en gran cantidade de aspectos e nós temos un propio, un para a nosa comunidade autónoma chamada Galicia. Xa lles gustaría a moitos poder presumir dunha tan valiosa xoia...!

Send to a friend

Comments

  • written on 19-Sep-2008

    cristian.saracco says:

  • written on 20-Sep-2008

    palomita says:

    Qué chulo! Moitas gracias!

  • written on 20-Sep-2008

    paulsari says:

    Fantástico!!! Polo que sei eu da historia do galego, isto sirve para resaltar unos puntos claves con respeito ó seu desenvolvemento e tamén ó seu futuro. Unha cousa na que penso bastante e da que contaches acá é o sentido de falar dous idiomas ou maís. Adoito pensar que en xeral hai maís razons para aprender outro idioma que as que atopamos na prensa e no colexio, como que o coñecemento de outra lingua aumenta as nosas oportunidades de conseguir traballo maís tarde, porque precisas de outro idioma para facer negocios ou o que sexa. De feito, estou de acordo con esta argumentación. Claro. Logo hai os debates que tamén mencionaches ti nos que xurde a ideía que falar certo idioma axuda manter certa politica que adoita representar unha politica nacionalista. No fondo destos debates me queda pouco claro se o motivo de tal politica é manter unha certa ideoloxia o a promoción da cultura, ainda que estou convencido que sempre da enfasis demais ó primeiro dos dous argumentos. Ademaís, para mí, o castelán e o galego teñen o mesmo valor (como dous outros idiomas calquers), así que no quero dar a impresión de pensar que o galego e maís axeitado para expresar o que sexa o que é mellor de calquer forma. Penso incluso que existe un riesgo de ser elitista e que o movimento “pro-galeguista” podería asustar à xente que non fala o galego ou só o falan un pouquiño. Por isso penso, por exemplo, que o autor Séchu Sende con unhas das suas historias como “Na oficina de obxectos perdidos”, polo muito que é graciosa, corre o riesgo de dalle à xente mala consciencia por non falar o galego. Para mi, crear actitudes positivas para o galego é casi tan importante como falalo. Ainda así cada idioma ten a sua propia estructura gramatical e nos presenta o mundo de outro xeito. Non sei se é posible probar que falantes de varios idiomas son capaces de pensar dun xeito maís lateral, pero eu pola miña parte dou crédito a esta hipótesis. ... Encima disso hai o feito que moitos simbolos culturais perden moito da sua maxia se non aparecen no idioma original. Estos son os argumentos que deben recibir maís enfasis nas discusions públicas, creio eu. Malia a promoción da lingua galega observada na televisión e nos debates parlamentarios, hai alguns que opinan que a Xunta trata o galego un poquiño como un xoguete. É dicir que a Xunta e moitos do seus representantes manteñen que é bonito charlar sobre tema, pero se fala-se menos (especialmente nas ciudades grandes), tampouco importa tanto. É dificil ignorar tales criticos cando alguen se da conta dunhas inquisas que demostran que, abofé, os nenos nas escolas primarias e os mozos nos colegios e nas universidades non teñen tantas horas de contato có galego (Beswick, 2007:178-80) como promete a Lei de Normalización de Lingüística de Galicia. Con respeito á musica galega, pois para mi Mercedes Peón ten unhas cancions moi bonitas por exemplo: Saludos a todos, Siareiro do galego

  • written on 21-Sep-2008

    palomita says:

    Estou dacordo contigo. A Xunta non o está facendo ben, en miña opinión. O galego non hai que tratar de impoñelo. Eu non considerome galeguista e era das que suspendía galego no colexio e non lle tiña ningún cariño a este idioma. Dende que fixen o documental isto cambiou, xa que puiden falar con xente moi interesante, investigar sobre o idioma, coñecer historia,... e agora sinto que si que é importante a nosa cultura, que hai que coidala porque é única e non deberíamos deixar que fora desaparecendo, que é unha responsabilidade dos galeg facer iso. Pero non con imposicións, non hai que cerrarse o resto do mundo, eu dinme conta por min mesma, creo que cada un debería tomar a súa decisión.
    Pero aunque sexa a nosa cultura, nos colexios, facultades creo que cara o futuro é máis importante o inglés, xa que eu na facultade tiven duas asignaturas sobre a lingua galega e non tiven ningunha sobre o inglés. E isto non o entendo en unha carreira como a de Publicidade, xa que non hai moito mercdo en Galicia para este traballo, e seguramente teñamos que irnos fora. Bueno, al final todo son queixas, jaja, espero que os guste o documental! Un saludo!

  • written on 24-Sep-2008

    paulsari says:

    Pois, sí, na maioria dos casos, o galego no mundo de publicidade non che sirve nin merda, claro. A Xunta ten a ideia (p.127-8) de reinvolcrar o galego nas empresas alí, pero penso que isso é unha utopia (sómente hai que considerar as empresas pequenas e pensar na duplicidade de traballo na sua administración se galego fose o idioma habitual dos negocios en Galiza). Eu penso que a reputación do galego é o mais importante e como dixou o alcalde é imprescindible que fale-se na familia, o polo menos intenta-lo. sorte!

  • written on 24-Sep-2008

    cristian.saracco says:

    La lengua es un signo de identidad asociado a valores de pertenencia... Los políticos suelen confundir esto y en vez de reconocer la lengua como un fin en sí mismo, lo degradan a "medio" e ideologizan el tema... Penita!

    Y es así... veamos el documental!

  • written on 07-Jul-2010

    ed hardy [http://www.mycheapedhardy.com] says:

    We'r ed hardy outlet one of the most profession of the coolest and latest ed hardy apparel, such as ed hardy tee ,ed hardy bags, ed hardy bathing suits, ed hardy shoes, ed hardy board shorts ed hardy watches women,ed hardy jeans for women ed hardy swimwearand more, ed hardy clothing. We offers a wide selection of fashion cheap ed hardyproducts. Welcome to our shop or just enjoy browsing through our stunning collection available wholesale ed hardy in our shop.

  • written on 07-Jul-2010

    ed hardy [http://www.mycheapedhardy.com] says:

    We'r ed hardy outlet one of the most profession of the coolest and latest ed hardy apparel, such as ed hardy tee ,ed hardy bags, ed hardy bathing suits, ed hardy shoes, ed hardy board shorts ed hardy watches women,ed hardy jeans for women ed hardy swimwearand more, ed hardy clothing. We offers a wide selection of fashion cheap ed hardyproducts. Welcome to our shop or just enjoy browsing through our stunning collection available wholesale ed hardy in our shop.

Leave a Comment









 

Advertisements

Loading …
  • Server: web2.webjam.com
  • Total queries:
  • Serialization time: 266ms
  • Execution time: 328ms
  • XSLT time: $$$XSLT$$$ms