Todo sobre o noso documental: "Lingualoxía" » Lingualoxía: unha materia pendente
0 Comments- Add comment |
Back to Home Written on 18-Sep-2008 by palomitaLingualoxía: Unha materia pendente
Decidimos facer este traballo porque nos vimos na necesidade de indagar nos nosos arredores como está valorada a nosa lingua. A pesares de dicir moita xente que quere ó galego, isto na prática non é tan certo. Ben é certo que a xente quere a súa lingua, ten un sentimento cara ó galego que o fai especial entre todos nós, pero á hora de falalo as persoas utilizan máis o castelán, isto debe ser pola costume de estar tantos anos prohibido e ter que falar noutra lingua, pero aínda así as persoas non queremos perde-la nosa lingua vernácula.
Tódolos galegos queremos a nosa lingua, tódolos galegos desexamos falar a nosa lingua nai á perfección, pero non todos temos o privilexio de falala ben, xa que a maioría da xente da nosa idade criouse nun entorno vinculado moi directamente co castelán, pero hoxe en día, moitos nenos e nenas conviven con ámbalas dúas linguas e dominan, como ten que ser, dunha maneria maxistral, o galego e o castelán.
Eliximos facer un traballo de estas caraterísticas para saber como a nosa lingua convive hoxe en día co castelán. O resultado é que aínda hoxe hai un predominio pequeno do castelán sobre o galego, pero iso pouco a pouco vaise superando coa axuda de todos nós, coa axuda das escolas e tamén cos concellos que teñen o obxetivo de promover a nosa lingua a través de todo tipo de actividades e incluso concertos de grupos propios da nosa comunidade que difunden o galego entre os máis mozos.
A experiencia que vivimos facendo este documental foi a mellor maneira de darnos conta de que temos que coidar a nosa cultura e a nosa lingua que é o maior ben que temos e o ben que o coidaron os nosos antepasados para que chegase a nós.
“Si algún día despois de morto se quixera facer de min algunha louvanza, e eu estivera dando erbas á nosa terra, podería decir na miña lápida: «aquí xace alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis” Álvaro Cunqueiro
Quedamos contentas cun traballo deste tipo pero, quedanos unha materia pendente, falar máis e mellor o galego, a tódolos niveis posibles, na casa, na escola, nas rúas, nos pubs…en tódolos lugares escoitar a xente falar galego e que nos contaxien ese sentimento e ganas de aprender e querer falalo aínda mellor.
A realización do documental
Ó pensar en facer un documental sobre a lingua galega a primeira persoa na que pensamos foi no Alcalde de Pontevedra, por moitas razóns: é un personaxe importante e cercano e ten unha ideoloxía galeguista, polo que é un claro defensor da lingua galega. Puidemos concertar unha cita con el na semana seguinte de decidir facer este documental e atendeunos moi ben. Estivo falando con nós 50 minutos máis ou menos, contándonos cousas sobre a súa vida, o seu partido e o seu traballo.
Pareceunos moi interesante todo o que nos dixo. Falou dende os tempos remotos ata a actualidade do galego, explicounos porque o galego está nun segundo plano e as medidas que está tomando dende o concello para que o galego se fale máis en Pontevedra.
A seguinte persoa á que entrevistamos foi Xosé Vázquez Pintor, entrevistamos a este escritor porque ademais de ser un escritor que escribe en galego acaba de gañar o premio Vicente Risco 2008. O escritor invitounos ó seu pobo , Agolada. O que máis gustounos do pobo foi o “Mercadillo Medieval”, que coas poucas pedras que lle quedan conta como se vendía antigamente alí.
Despois levounos a xantar e ó pobo onde “lle xurxen os soños” como dicía Vázquez Pintor. Este pobo era Melide. Alí ensinounos a súa casa, chea de cousas antigas, como lareiras, muíños de café,...
Logo fixémoslle a entrevista na que falou da literatura galega, defendeu a compañeiros como Suso de Toro ou Manuel Rivas que escriben en castelán “para que os lean”, falou de cando era neno e de como lle colleu ese amor e ese cariño á lingua galega. A pesar de que o escritor estaba enfermo, dedicounos todo o día a nós. Foi un día moi bonito e moi interesante no que aprendimos sobre historia, literatura, poesía,...
Como queríamos ter unha visión máis ampla do que pensa a xente da lingua galega, fomos a entrevistar a un estudante de Dereito, para saber o que pensa un estudante sobre este tema. Juan Blanco falounos sobre o que pensa de que o goberno fomente máis o galego e sobre si lle parece ben que na educación se xeneralice o uso do galego. O resultado de esta entrevista o tiñamos máis ou menos claro antes de facela, os estudantes castelán falantes opinan que o goberno ten que fomentar o galego pero na educación prefiren o castelán ou polo menos que non sexa todo en galego.
A última entrevista importante que fixemos foi a do Rei Zentolo. Apetecíanos moito facer esta entrevista porque nos tamén usamos as súas camisetas e parecíanos interesante que se mesturase a cultura galega coa cultura pop para vender camisetas. Entrevistamos a un dos socios, estivo moi agradábel connosco e explicounos como chegaron a esa idea e que sin considerarse galeguistas se dan conta que hai que darlle un empuxón á nosa cultura. Foi interesante falar con el e saber que Rei Zentolo xa se está vendendo incluso fora de Galicia, cousa que lles parece moi raro ós socios xa que fora de Galicia non van a entender moi ben o que queren dicir nas súas camisetas.
Para rematar, dimos unha volta por Pontevedra, e fixémoslle preguntas a xente pola rúa, quixemos facer que esta xente fosen “Anónimos”. Puxémoslle unha carteliña negra diante dos ollos para que así a xente non tivera vergoña e puidera dicir o que quixeran. Pouca xente deseou colaborar con nós, pero o pasamos moi ben e creemos que é unha das partes máis interesantes do documental.
Deseamos que o documental esté ben e que guste á xente.
Moitas gracias.