Lingualoxía

      unha materia pendente


 

Noticias de Galicia


 

Mapa

 

Todo sobre o noso documental: "Lingualoxía"

Gran estreno mundial do documental : "Lingualoxía: unha materia pendente"

 3 Comments - Add comment Written on 20-Sep-2008 by palomita
Parte 1
 
 
 
 
Parte 2
Send to a friend

O galego na historia

 6 Comments - Add comment Written on 19-Sep-2008 by palomita
 

 

            O galego é a lingua propia de Galicia, iso é algo que todos sabemos xa, sendo oficial dende 1981 xunto co castelán, vivindo así un proceso de normalización no que se está a recuperar un espazo social esquecido.

 

A nosa lingua, cunhas ramas comúns co portugués, fai que os galegos e galegas esteamos especialmente unidos ós países lusófonos, en concreto con Portugal con quen compartimos importantes lazos culturais, sobretodo co seu norte.

 

A lingua galega fálase nun territorio onde viven 2.800.000 persoas, é o idioma principal do 65% da poboación e máis do 95% enténdeo; é románica e formada depois da disolución do latín.

 

A lingua e a cultura, indisociables tantas veces, tiveron a súa idade de ouro na Idade Media, florecendo coa lírica medieval galego-portuguesa grazas a autores coma Meendinho, Martín Códax ou o propio Alfonso X O Sabio. Dende o século XVI ata mediados do XIX, Galicia viviu os chamados Séculos Escuros, nos que tanto a lingua como a cultura víronse sustituídas polo castelán na administración e nas clases altas, manténdose unicamente nas clases populares.

 

Coa chegada do Romanticismo a toda Europa, a cultura galega vivíu o seu “Rexurdimento” na metade do século XIX con figuras do calibre de Eduardo Pondal, Curros Enríquez ou Rosalía de Castro a nosa mellor e máis internacional poeta.

 

Xa no século XX, a cultura galega vivíu uns anos de intento de normalización, grazas ós comezos dos movementos galeguistas os cales se truncaron polo golpe de estado de 1936 que sumiron a Galicia e á súa cultura baixo terra durante corenta anos de franquismo.

Nos últimos tempos da dictadura e a comezos da democracia, entrou nun segundo proceso de recuperación do tempo perdido, un despestar da nosa cultura en tódolos ámbitos.

 

A partires desas épocas o galego adentrouse sen facer moito ruido aparecendo así o chamado “galeguismo”, movemento cultural e político no que a lingua galega é un dos elementos principais reivindicativos.

Houbo dúas etapas diferenciadas: a dos Precursores e os da etapa do Rexurdimento.

Os primeiros caracterízase polas primeiras manifestacións, aínda tímidas do diferencialismo político de Galicia, da súa singularidade.

Facían reunións, tertulias e manifestacións con aportacacións de carácter político.

A etapa do Rexurdimento dará lugar ó “rexionalismo” de carácter máis moderado cos fusilamentos de Carral e tendo como principal reivindicación a cultura.

Moitos dos autores desta época tiñan medios precarios para escribir e por este motivo botaban man do modelo gráfico que coñecían, o castelán.

A reivindicación da dignidade da lingua vai a estar no sucesivo vinculada ó galeguismo e ó nacionalismo e foron as Irmandades da Fala as encargadas de facelo. As Irmandades recuperan e modernizan a tradición cultural galega e tentan superar o complexo de inferioridade dos falantes, para o que proxectan unha serie de actividades que procuran abarcar os diferentes campos de actuación social: o teatro, como medio para expalla-la ideoloxía nacionalista e o uso do Galego.

Esta xeración propúxose, e abofé que o conseguiu, potenciar e modernizar a cultura galega, procurando tirarlle o exceso de localismo, ruralismo e costumismo que ata entón a caracterizaba.

No Estatuto de Autonomía de 1936 recoñecíanselle ó galego o rango de cooficialidade, coa consecuente obligatoridade do ensino en dito idioma na escola e a introducción nos Institutos das asignaturas de Historia, Lingua e Literatura Galega, así como a obrigatoriedade para os funcionarios de coñeceren o galego. Mais o comezo da Guerra Civil en 1936 significou na práctica a súa non aplicación.

 

Pasadas esas datas, os estudantes universitarios e as persoas de cultura solidarizábanse coa causa e reivindicaban unha mellor vida para o noso idioma. Xoves que falaban castelán voltaban da universidade co galego entre os seus dentes.

Pouco a pouco, a lingua ía marcando unha indentidade propia: persoas que se sentían galegos, manifestando o seu gusto pola nosa cultura, a nosa música, a nosa gastronomía, conseguían que cada vez Galicia se fixese un pouco máis forte.

Non todo era un rexurdir fabuloso senón que máis ben foi bastante custoso facerse valer entre os que todavía pensaban que o castelán era un idioma superior e dunha categoría máis alta.

Ademais, a pesares de exitir leis que fixaban o uso do galego en diferentes ámbitos, a experiencia dos anos transcorridos está poñendo de manifesto a inoperancia de boa parte destas medidas, pois á insuficiencia ou inadecuación das mesmas únese a falta de vontade para esixir o seu cumprimento: centros de ensino que non cumpren coas materias que se deben impartir en galego, toponimia que non se respecta, etc..

 

O galego aínda segue a situarse por zonas: no ámbito rural fálase máis galego que no urbano pero por motivos tamén do éxodo rural, o noso idioma estase a facer, cada vez máis, con terreo importante nas cidades.

Aínda así, o galego cobrou importancia na administración e na educación o que lle aportou un maior recoñecemento social.

Ademais, e querendo diferenciarse dos que non pensaban así, os progaleguistas crearon toda unha campaña de publicidade para a nosa lingua. Apareceron slogans, camisetas con debuxos típicos da nosa cultura e incluso a creación de empresas adicadas a facerlle honor a Galicia e a súa cultura. Un exemplo disto e O Rei Zentolo.

 

A nivel internacional o galego está presente no programa educativo Sócrates da Unión Europea, mediante o cal facilítaselle o estudo do galego a estudiantes estranxeiros. Para prestixiar o idioma na comunidade española e internacional, e para interesar ós ámbitos universitarios na lingua e cultura galegas, creáronse lectorados e cátedras de galego, que o potencien e difundan, en centros universitarios dos catro continentes.

 

Hoxe en día estase a facer un grande esforzo para que o galego esté presente en tódolos medios de comunicación de masas, podendo disfrutar xa de canles de televisión e radio con programación totalmente en galego, periódicos e revistas escritos íntegramente en galego, etc.

A producción musical en galego está a ter unha inusitada proxección internacional, e estase a comezar a creación de largometraxes. Na literatura edítanse máis de 1000 títulos anualmente, alcanzando algúns a categoría de Best-Sellers como pode ser o caso de Suso de Toro. Largometraxes estranxeiros de moda traducidos, series televisivas alleas e autóctonas, publicidade, Internet, etc..

 

Para concluir este breve repaso da historia da nosa lingua, debemos dicir que os idiomas son fontes de riqueza cultural en gran cantidade de aspectos e nós temos un propio, un para a nosa comunidade autónoma chamada Galicia. Xa lles gustaría a moitos poder presumir dunha tan valiosa xoia...!

Send to a friend

Próximamente: Documental

 0 Comments - Add comment Written on 18-Sep-2008 by palomita
En canto poidamos poñeremos o documental para que podais velo. Moitas gracias.
Send to a friend

Lingualoxía: unha materia pendente

 0 Comments - Add comment Written on 18-Sep-2008 by palomita

Lingualoxía: Unha materia pendente

 

            Decidimos facer este traballo porque nos vimos na necesidade de indagar nos nosos arredores como está valorada a nosa lingua. A pesares de dicir moita xente que quere ó galego, isto na prática non é tan certo. Ben é certo que a xente quere a súa lingua, ten un sentimento cara ó galego que o fai especial entre todos nós, pero á hora de falalo as persoas utilizan máis o castelán, isto debe ser pola costume de estar tantos anos prohibido e ter que falar noutra lingua, pero aínda así as persoas non queremos perde-la nosa lingua vernácula.

Tódolos galegos queremos a nosa lingua, tódolos galegos desexamos falar a nosa lingua nai á perfección, pero non todos temos o privilexio de falala ben, xa que a maioría da xente da nosa idade criouse nun entorno vinculado moi directamente co castelán, pero hoxe en día, moitos nenos e nenas conviven con ámbalas dúas linguas e dominan, como ten que ser, dunha maneria maxistral, o galego e o castelán.

 

Eliximos facer un traballo de estas caraterísticas para saber como a nosa lingua convive hoxe en día co castelán. O resultado é que aínda hoxe hai un predominio pequeno do castelán sobre o galego, pero iso pouco a pouco vaise superando coa axuda de todos nós, coa axuda das escolas e tamén cos concellos que teñen o obxetivo de promover a nosa lingua a través de todo tipo de actividades e incluso concertos de grupos propios da nosa comunidade que difunden o galego entre os máis mozos.

 

A experiencia que vivimos facendo este documental foi a mellor maneira de darnos conta de que temos que coidar a nosa cultura e a nosa lingua que é o maior ben que temos e o ben que o coidaron os nosos antepasados para que chegase a nós.

 

Si algún día despois de morto se quixera facer de min algunha louvanza, e eu estivera dando erbas á nosa terra, podería decir na miña lápida: «aquí xace alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis” Álvaro Cunqueiro

 

Quedamos contentas cun traballo deste tipo pero, quedanos unha materia pendente, falar máis e mellor o galego, a tódolos niveis posibles, na casa, na escola, nas rúas, nos pubs…en tódolos lugares escoitar a xente falar galego e que nos contaxien ese sentimento e ganas de aprender e querer falalo aínda mellor.

A realización do documental

 

            Ó pensar en facer un documental sobre a lingua galega a primeira persoa na que pensamos foi no Alcalde de Pontevedra, por moitas razóns: é un personaxe importante e cercano e ten unha ideoloxía galeguista, polo que é un claro defensor da lingua galega. Puidemos concertar unha cita con el na semana seguinte de decidir facer este documental e atendeunos moi ben. Estivo falando con nós 50 minutos máis ou menos, contándonos cousas sobre a súa vida, o seu partido e o seu traballo.

Pareceunos moi interesante todo o que nos dixo. Falou dende os tempos remotos ata a actualidade do galego, explicounos porque o galego está nun segundo plano e as medidas que está tomando dende o concello para que o galego se fale máis en Pontevedra.

 

A seguinte persoa á que entrevistamos foi Xosé Vázquez Pintor, entrevistamos a este escritor porque ademais de ser un escritor que escribe en galego acaba de gañar o premio Vicente Risco 2008. O escritor invitounos ó seu pobo , Agolada. O que máis gustounos do pobo foi o “Mercadillo Medieval”, que coas poucas pedras que lle quedan conta como se vendía antigamente alí.

Despois levounos a xantar e ó pobo onde “lle xurxen os soños” como dicía Vázquez Pintor. Este pobo era Melide. Alí ensinounos a súa casa, chea de cousas antigas, como lareiras, muíños de café,... 

Logo fixémoslle a entrevista na que falou da literatura galega, defendeu a compañeiros como Suso de Toro ou Manuel Rivas que escriben en castelán “para que os lean”, falou de cando era neno e de como lle colleu ese amor e ese cariño á lingua galega. A pesar de que o escritor estaba enfermo, dedicounos todo o día a nós.  Foi un día moi bonito e moi interesante no que aprendimos sobre historia, literatura, poesía,...

 

Como queríamos ter unha visión máis ampla do que pensa a xente da lingua galega, fomos a entrevistar a un estudante de Dereito, para saber o que pensa un estudante sobre este tema. Juan Blanco falounos sobre o que pensa de que o goberno fomente máis o galego e sobre si lle parece ben que na educación se xeneralice o uso do galego. O resultado de esta entrevista o tiñamos máis ou menos claro antes de facela, os estudantes castelán falantes opinan que o goberno ten que fomentar o galego pero na educación prefiren o castelán ou polo menos que non sexa todo en galego.

 

A última entrevista importante que fixemos foi a do Rei Zentolo. Apetecíanos moito facer esta entrevista porque nos tamén usamos as súas camisetas e parecíanos interesante que se mesturase a cultura galega coa cultura pop para vender camisetas. Entrevistamos a un dos socios, estivo moi agradábel connosco e explicounos como chegaron a esa idea e que sin considerarse galeguistas se dan conta que hai que darlle un empuxón á nosa cultura. Foi interesante falar con el e saber que Rei Zentolo xa se está vendendo incluso fora de Galicia, cousa que lles parece moi raro ós socios xa que fora de Galicia non van a entender moi ben o que queren dicir nas súas camisetas.

 

Para rematar, dimos unha volta por Pontevedra, e fixémoslle preguntas a xente pola rúa, quixemos facer que esta xente fosen “Anónimos”. Puxémoslle unha carteliña negra diante dos ollos para que así a xente non tivera vergoña e puidera dicir o que quixeran. Pouca xente deseou colaborar con nós, pero o pasamos moi ben e creemos que é unha das partes máis interesantes do documental.

 

Deseamos que o documental esté ben e que guste á xente.

 

Moitas gracias.

Send to a friend

 
By Alberto Prieto Rod...
 

Blues


Só a noite é o paraíso: dormen os homes.

Os soños abren las xanelas
e lámbense as feridas nas praias e nas beiras
dos ríos.

Os soños cantan coa gorxa xeada.
Como esclavos, fan tocar os tambores.

                                              Manuel Rivas


 

Advertisements

 

Encuesta

¿Fala vostede galego?

  •   (6 votes)
     
  •   (2 votes)
     
  •   (6 votes)
     
 

Fotogramas do documental




 
 

Join this webjam

Join if you want to see community-only content and contribute with your content.

 

My bulletin

Displaying all 13 posts  

You must sign in or register to post messages to this bulletin.


mma1 wrote:
27-Mar-2009 - 7:10

Imaxinades un lugar ou un concello de Galicia onde o 95% da xente fala galego? Imaxinades un instituto ou un centro educativo onde o 95% do alumnado se desenvolve en cada feito, en cada participación, en cada conversa empregando a lingua galega? Ese lugar é Mazaricos, e ese alumnado as rapazas e rapaces do CPI A Picota. Tamén coma vos, loitamos por conservar esa singularidade. Sen querer vivir á marxe do mundo e da necesidade de coñecer outras linguas nun mundo global, queremos valorar o que temos aquí. Parabéns inmensos polo vídeo e pola webjam. Ideas coma esta son as que me fan estremecer cada vez que me obrigan a valorar a riqueza lingüística e humana do sitio onde traballo.

Rodrigovigo wrote:
25-Jan-2009 - 5:34

que buen webjam! seguide así, por conserva-la nosa lingua e que endexamais desapareza, unha aperta!

palomita wrote:
21-Sep-2008 - 13:25

Gracias irmáns! Quérovos moito! Un bico!

albertob wrote:
21-Sep-2008 - 1:25

Ola irmá,
noraboa po-lo documental. Estou moi orgulloso de tí. Fixechesme ter morriña da terra e todo.
moitos bicos desde o exilio,
teu irmán

20-Sep-2008 - 23:09

Ola Paloma, e pra min un orgullo estar eiqui con vos, un bico

palomita wrote:
20-Sep-2008 - 17:15

Moitas gracias a todos por vir! Hoxe, gran estreno do documental!! Espero que os guste!

paulsari wrote:
20-Sep-2008 - 2:18

Ola Palomita, Qúe bo que che goste a cita de Cunqueiro!

Non podería imaxina-me estar alporizado. Incluso, penso que a diseminación de cultura é moi importante, así que atopo a inclusión da cita no traballo como algo moi positivo para que maís xente saiba que galego tamén ten unha literatura significativa.

Estou moi de acordo cò obxectivo desta páxina.
Che deseo moita sorte con isto e cò tema de publicidade!

19-Sep-2008 - 22:10

Oi Palomita! Muito obrigado por el convite pra participar da sua pagina...

Pra mi è mais que intereante poder avaliar as diferenças entre o galego, espanhol e portugueis (ainda sendo portugueis do Brasil)... E sao di mais.

Beijo! (com o massimo respeto a tuo casal)

palomita wrote:
19-Sep-2008 - 20:25

Gracias wapa!!!

Lupa wrote:
19-Sep-2008 - 20:15

no hablo galego (todavía), pero yo te sigo a todas partes!!!
besitos

palomita wrote:
19-Sep-2008 - 20:07

Paulsari use tu frase, la de Cunqueiro, para el trabajo, espero que no te importe!

palomita wrote:
19-Sep-2008 - 13:19

Qué fermoso!

paulsari wrote:
18-Sep-2008 - 16:43

"Si algún día despois de morto se quixera facer de min algunha louvanza, e eu estivera dando erbas á nosa terra, podería decir na miña lápida: «aquí xace alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis»" Álvaro Cunqueiro



Loading …
  • Server: web2.webjam.com
  • Total queries:
  • Serialization time: 641ms
  • Execution time: 687ms
  • XSLT time: $$$XSLT$$$ms