Coñecemos Galicia

 Departamento de Xeografía e Historia - CPI A Picota


 

Noia

 

 

COÑECE GALICIA (1)

O Castro de Baroña 

O Castro de Baroña é unha das xoias da arquitectura castrexa do noso país. Está no concello de Porto do Son, na comarca de Noia. Foi ocupado entre os séculos I a.c. e o I d.c.. Foi obxecto de excavación en varias ocasións e, xunto co de Santa Tegra ou o de Viladonga é un notable exemplo da conformación tradicional dun castro, coa diferencia de estar situado a carón mesmo do mar.

Para mais información acudide ó enlace da Galipedia
Visualizar o mapa ampliado

 

 

 

 


 

O Castro de Baroña

 

Coñece Galicia: Castro de Baroña

Vista dende o Satélite
Visualizar o mapa ampliado

 

Ribeira Sacra

 

COÑECE GALICIA (2)

A Ribeira Sacra 

A Ribeira Sacra é un dos lugares mais impresionantes de Galicia. É un conxunto de paisaxes naturais conformadas polos profundos canóns  río Sil na fronteira entre as provincias de Ourense e Lugo, un grupo de monumentos históricos exemplificados nos grandes mosteiros da zona (con mais de mil anos de historia e que, por estar nos séculos anteriores preferentemente dedicados á oración acabaron por darlle a esta ribeira o sobrenome de "Sacra" ou Sagrada), unhas paisaxes autóctonas nas que predominan os soutos de castiñeiros e as carballeiras e un conxunto de explotacións de vide en forma de socalcos que lle conceden a esta zona a súa peculiar identidade. Confórmase sobre todo entre as comarcas da Terra de Lemos (nos concellos de Monforte e Sober na provincia de Lugo) e a da Terra de Caldelas (concellos de Castro Caldelas, A Teixeira, Parada de Sil e Montederramo na provincia de Ourense). Non obstante tamén pretenden formar parte desta zona xeográfica as comarcas de Chantada e Quiroga (en Lugo) e as comarcas de Ourense e Terra de Trives (na provincia ourensá). Precisamente as vides da Ribeira Sacra dan lugar á coñecida variedade de viño de Amandi (parroquia do Concello de Sober) formada principalmente a partir da famosa variedade de uva mencía moi cultivada nesta Ribeira.

Para mais información acudide ó enlace da Galipedia


 

A Ribeira Sacra

 

Coñece Galicia: Ribeira Sacra

Vista dende o Satélite
Visualizar o mapa ampliado

Loading …
  • Server: web1.webjam.com
  • Total queries:
  • Serialization time: 141ms
  • Execution time: 438ms
  • XSLT time: $$$XSLT$$$ms